caixavirtual@intergal.coop  ·  (+34) 669 781 006 ·

Como funciona?

 

A CAIXA VIRTUAL é un espazo deseñado para facilitar o intercambio de produtos, servizos e ideas entre os seus participantes, que rexistran as súas OFERTAS e as súas DEMANDAS valoradas en PUNTOS.

Para referirnos a os produtos, servizos e ideas, en diante diremos "capacidade".

O valor da oferta decídea a persoa que pon a súa capacidade a disposición do resto.

En calquera momento, as participantes poden solicitar un adianto de puntos á Comisión de Validación, en función da súa capacidade de achega ao resto do grupo. Outra fórmula será contar co aval doutras persoas socias.

O límite dispoñible para realizar intercambios será o resultado de contabilizar o adianto de puntos, incrementado ou diminuído co valor dos intercambios (en positivo se son achegas e en negativo se son adquisicións).

Para alentar unha actividade dinámica e a participación de todas as integrantes do grupo contémplase a posibilidade de aplicar unha porcentaxe de oxidación de puntos ao saldo daquelas persoas que permanezan un tempo continuado sen realizar intercambios. A porcentaxe e o límite temporal pódense configurar no sistema.

Estas dúas medidas (límite dispoñible e oxidación da moeda) procuran un equilibrio nas transaccións, tratando de evitar a concentración nunha persoa de provisión excesiva tanto de puntos coma de capacidades sen compensar ao resto do grupo.

Todos os intercambios increméntanse cunha pequena porcentaxe, a repartir entre a ofertante e a demandante, destinado a crear un FONDO COMÚN co que o grupo poderá asumir gastos, organizar actividades e crear un FONDO SOLIDARIO PARA A CANCELACIÓN DE DÉBEDAS. As porcentaxes a aplicar son configurables no sistema.

O sistema conta con alertas para que o administrador do grupo poida estar atento se algunha conta necesita unha atención especial.

Exclúese o cobro de intereses.

A CAIXA VIRTUAL non é unha tenda de comercio electrónico, senón que se trata dunha ferramenta que pretende favorecer a colaboración e axuda mutua entre as persoas.

RECOMENDACIÓNS:

  • Que en caso de haber oferta excedente, organícense feiras ou mercadiños abertas, sexa a outros grupos que utilicen a CAIXA VIRTUAL, sexa a participantes alleos.
  • Que o traballo dos voluntarios, organizados en Comisións, sexa retribuído en PUNTOS.
  • Que se acepte calquera moeda como un obxecto máis de intercambio (por exemplo, un sobre con 50 euros).
  • Que a xestión dos grupos se reparta entre persoas voluntarias, organizadas en comisións:
    • COMISIÓN ADMINISTRATIVA.
    • COMISIÓN DE AVALIACIÓN que resolverá as solicitudes de adianto de puntos.
    • COMISIÓN DE PREZOS que revisará que o valor das capacidades ofertadas non se disparen.
    • COMISIÓN DE MELLORAS TÉCNICAS E SEGUIMENTO DE RESULTADOS que analizará o funcionamento do sistema e proporá adaptacións ou novas funcionalidades.

DESCARGA EIQUÍ O MANUAL (.pdf)

 

Un pouco de historia  /  Que é?  /  Como funciona?  /  Quero participar